![]()
Martín Rigz é un artista galego da escena actual. Músico, bailarín e amante das artes escénicas en xeral. Crece rodeado de música de todos os xéneros. Canta, toca a guitarra, o baixo, a batería, a trompeta… pero a súa paixón é o piano. Finaliza a súa formación en piano clásico no conservatorio e descubre o mundo do Jazz no último ano, comezando a súa viaxe neste estilo e somérndose na escena galega do Jazz.
Presentarase acompañado por Juansy Santomé ó contrabaixo e Héctor Agulla á batería, e tocarán un repertorio de temas orixinais e composicións de grandes do Jazz como Herbie Hancock, Wayne Shorter ou McCoy Tyner.