DE VACAS teñen novo espectáculo. Visten a escena e desempolvan as súas mellores galas para a ocasión, rebobinando na memoria do tempo. É unha homenaxe a elas, ás mestras, ás divas do pop, Whitney, Celine, Mónica, Beyoncé… mulleres que acompañaron coas súas cancións tanto momentos felices, tantas horas de guachinein a voces coas nosas irmás, compañeiras do traballo, da vida, do amor… Apostan por unha iluminación que non ten nada que envexarlle a Vigo, por un vestiario xenial e feito a medida que potencia a teatralidade, ademáis de servirse de novos elementos escenográficos. As músicas e bases electrónicas súmanselle espectaculares coreografías co cu sentado na silla. As letras; a súa seña de identidade, segue na liña do compromiso co feminismo, o ecoloxismo, o galeguismo,… As harmonías de voces e guitarra marcan o carácter dun grupo que explota a enerxía xuvenil ata o extremo, convidandovos a desfrutar dunha fantasía divina.