Concierto en Santiago de Compostela de Deteriorados + Mounqup

Deteriorados + Mounqup
FIC Rural Feira
Santiago de Compostela (A Coruña) 27/09/2019 A las 20:30
Gratuito
Blues, Country, Experimental

DETERIORADOS é unha banda interxeracional de Country & Blues Heróico do Delta do Morrazo. A punta da lanza comunicativa de VULNERABLES. Está composta por cinco persoas con idades comprendidas desde os case 70 anos ata os 20. Formada por dúas persoas xubiladas: un profesor asociado da USC (Universidade de Santiago de Compostela) e un ex traballador do Concello de Vigo, ademáis dunha pianista estoniana, un profesor universitario e unha estudante recen graduada. Caracterizados por un estilo moi singular, uns instrumentos pouco convencionais e un repertorio exclusivo, desde DETERIORADOS levamos en forma musical a filosofía VULNERABLES por toda a comunidade galega.

Camille Hèdouin é unha artesá do son. Nada en Francia, pero galega de adopción, leva dende os 15 anos empregando a súa voz para tocar en bandas de jazz, electrónica e folk, e foi en Galicia onde comezou a experimentar con loops e samplers para converterse na artista que é hoxe . As súas creacións son colaxes de texturas, formas e cores que dan como resultado as paisaxes sonoras de MOUNQUP.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.