O quinteto Eskravos, por outra banda, naceu en 2021 baixo o nome de Rain Slaves, co que xa deron varios concertos, e definen a súa música como punk e grunge. Está formado por Slim no baixo, Eloi na batería, Uxía na voz e David e Noa nas guitarras.
O trío Trikornio, por unha banda, naceu en 2020 das cinzas do anterior proxecto Reino Animal, e xa teñen editado un álbum, do 2021, titulado Hikikimori, ademais do EP Rekortes de Ostias do mesmo ano. Son Luís á guitarra e á voz, Estrella ao baixo, e Pablo á batería. O grupo define o seu estilo alternativo como «rock raruno», tomando influencias tamén do metal, a psicodelia, o dub ou o rock progresivo, e destacan especialmente pola súa característica estética, apreciable nas súas fotos e nos seus concertos.
Gracias Por Nada naceu este ano 2022 a partir do grupo anterior En Proceso, a medio camiño entre Vigo e Compostela. Sergio toca a batería, mentres que Miguel e Alberto comparten tarefas vocais ademais de tocar o baixo e a guitarra respectivamente. O trío ten tocado xa no concerto organizado por Grupos en Loita na Sala Molotov de Vigo, e o seu estilo está influído principalmente polo pop punk e o skate punk. Ámbolos dous grupos atópanse nestes momentos preparando as súas primeiras gravacións.