Broa coma moitas das bandas que hoxe cobren de rock a escena musical galega vén de Cerceda.
Poderoso power trío provisto de armas de distorsión masiva que navegan entre o stoner, o metal pelouro e o hardcore cheo de melodías.
No seu debe aparece a próxima publicación dun novo disco que recollera o testemuño de Cucú (Autoedición 2020) co que a banda foi galardoada nos Premios Martín Códax da Música Galega.
Na temática das súas letras os de Cerceda afondan na crítica política-social así como tamén nas intimidades do ser humano en tanto que especie depredadora.
No disco acompáñanos nalgunhas pezas voces relevantes da nosa música como Jásper de Nao ou Mou de Alto Asalto.
Ao igual que o pan de broa a banda apóiase no contraste e contrapunto, o doce e o salgado, na dualidade do rápido e o pesado, o violento e o suave…
Venda entradas na La Room e no Café Sevilla.