Unha nova etapa ábrese para este grupo de mulleres que dende moi pequeñas levan traballando xuntas na música tradicional e de autoría.
Comezaron a súa andaina nunha agrupación folclórica no seu Pontedeume natal e pronto destacaron como profesionais acadando vinte anos de viaxes e festivais tanto nacionais coma internacionais.
Agora, despois dos procesos de introspección individual que as maternidades achegan, recuperan folgos para afrontar, dende a madurez que o tempo otorga, unha nova etapa onde reflexar a seu tempo, ritmo, melodía.
Continúan o proceso traballando co que foi o productor do seus discos, Pascal Gaigne, gañador dun Goya pola mellor BSO no 2019.
Con Pascal editaron dous discos de recoñecido prestixio no eido da world music, convertíndose o nome de Faltriqueira nun dos máis estimados polos profesionais do sector.
No equipo de traballo para esta nova etapa tamén compre destacar o músico e productor Jorge Juncal, membro da banda dende o 2004
A mirada está posta no futuro, e coa necesidade de expresar o proceso transformador que é convertirse en nai, e o que isto supuxo como familia musical.
A convicción de traballar a terra, de protexer a semente, e deixarlle un legado de honestidade e verdade as nosas crianzas, nutre a voz de Faltriqueira dispostas a cultivar o que levan dentro para que floreza cun novo ciclo de luz.
Co nome de Nacenza, ábrese o ano 2023 onde chegará o que será o quinto traballo discográfico de Faltriqueira.
Unha aposta que xurde das entrañas, para canalizar a dor e alegría que moitas veces viaxan xuntas.
Cancións que emocionan, que liberan e axudan a medrar en comunidade sen esquecer que o proceso é individual.