
RIA ESTÉVEZ.- Imos conversar e sobre todo a cantar a Chavela, para descubrila, e que nos desvele segretos de nós mesmos, a través das cancións, os poemas, as anécdotas, os sons… por algo a chamaban a Chamana!
Recrearemos o espírito dunha cantina, lugares casi sagrados para Chavela e os seus compañeiros e compañeiras de música, nas que tantas cantigas inmortais, comezaron a súa vida; éxitos coma En el último trago, Macorina, La llorona, Que te vaya bonito…
XARLY LÓPEZ ao baixo e a sabedoría! Folklorista mexicano de longa traxectoria tanto en México coma na Galiza, dende que comezou a súa estadía.
IRIA ESTÉVEZ coa voz e a alma. Creadora de proxectos como Clave de Fado ou Arifi (grupo gañador do concurso internacional «Castilla folk, Raíz y Evolución» ) e compartindo palco con Artistas recoñecidos da xeografía peninsular, tales como Ana Laíns, Uxía Senlle ou Sebastiäo Antunes.
GONZO PIÑA arroupando, iluminando. Productor e deseñador de son. Traballou con diferentes compañías de teatro contemporáneo destacando a compañía catalana SR. Serrano, galardoada co León de Prata da Bienal de Teatro de Venecia, na categoría de innovación escénica.