Hora:
A las 22:00
 
Precio:
Desde 12€

Concierto en Castro Caldelas de Festival 17º Ribeira Sacra

Artistas: Sés + Nastasia Zurcher+ ELE....

Este verán regresarán a paisaxe, o sabor e a música a un encontro único, o Festival 17º Ribeira Sacra, que se celebrará do 27 de xullo ao 5 de agosto de 2018 con dous conceptos diferentes nun mesmo evento:

– 17º Paisaxe (do 27 ao 29 de xullo de 2018): experiencias musicais para sentir un territorio.
– 17º Patrimonio (do 4 ao 5 de agosto de 2018): directos exclusivos en espazos patrimoniais.

Así regresa unha das citas musicais máis singulares do calendario estival, que marida día e noite directos de bandas e artistas de pegada nacional e internacional, viño, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción, a Ribeira Sacra galega. Tras o éxito da súa primeira edición, o 17º Ribeira Sacra crece en 2018 con máis días, máis músicos, máis actividades e novos escenarios vinculados á riqueza natural e patrimonial do horizonte galego. Dada a exclusividade do festival e a contorna no que se enmarca, o número de abonos dispoñibles é reducido e quedan menos de 150 á venda a través deAtaquilla.com. Moi pronto daranse a coñecer novos artistas confirmados e outras novidades dun programa que reunirá de novo concertos na natureza, catas de viños, directos en catamaráns e adegas, visitas guiadas, roteiros, cociña de autor, etc.

Cerrar información