Festival de Música Cidade de Lugo

Festival de Música Cidade de Lugo
Orquestra Gaos
Círculo de las artes - Salón Regio
Lugo (Lugo) 23/05/2021 A las 19:00
Precio: Desde Gratuito con reserva
Clásica
Compra tus Entradas

Programa:

 

Joaquín Rodrigo (1901-1999): Concierto de Aranjuez

 

Ottorino Respighi (1879-1936): Trittico Botticelliano, P. 151

 

Maurice Ravel (1875-1937): Ma mère, l’oye Suite,   M. 60

 

Joaquín Rodrigo. Concierto de Aranjuez:

A idea de confrontar o timbre dunha guitarra ao son dunha orquestra pode levar á seguinte sensación: o escenario tórnase nun campo de batalla acústico, onde o guitarrista ten todas as de perder. A orquestración proposta polo compositor, porén, permite ao solista fluír no seu tocar sen quedar eclipsado polo extenso grupo que o acompaña. Durante o transcurso do concerto, entrevense unha serie de danzas que evocan escenas de corte popular no primeiro movemento, así como de carácter cortesán no terceiro; contrastando amplamente co segundo movemento, marcado polo seu paso lento e constante.

Ottorino Respighi. Trittico Botticelliano:

A peza en tres movementos está concibida en base a cadansúa témpera do mestre Sandro Botticelli. O canto dos paxaros acompaña ás danzas que celebran a chegada da primavera, os cantos de loanza dos Magos de Oriente cara o meniño na súa Epifanía e o ruxerruxe das ondas batendo na cuncha na que chega Afrodita traída polo vento traen á memoria a simboloxía utilizada polo pintor florentino nos seus cadros que tanto impresionaron ao compositor.

Maurice Ravel. Ma mère l’Oye:

Orixinalmente pensada coma unha colección de pezas breves para piano a catro mans, esta pequena suite recolle as escenas máis representativas dos contos recollidos por Perrault, Madame D’aulnoy e Leprince de Beaumont. O sono da Bela Dormente, as andanzas de Polgariño polo bosque, o mundo marabilloso de Laideronette, as conversas entre a Bela e a Besta no seu danzar… A peza remata cunha apoteose nun xardín encantado, cuxo programa non ten unha orixe coñecida.



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.