LA GALANÍA
Raquel Andueza, soprano
Jesús Fernández Baena, tiorba
Pablo Prieto, violín
David Mayoral, percusión
Paixón, tenrura, anhelo, ausencia, racho, esperanza… todo contado e cantado cunha música que se subordina á palabra dun modo case servil e, dende logo, revolucionario na súa época. É o albor do barroco, unha das propostas máis audaces e innovadoras da historia da música, que empeza a despregarse na Italia de Monteverdi, Merula ou Cavalli.
Liñas intensas, tensión entre melodía e baixo e unha disposición retórica que busca conmover ao ouvinte, sempre baixo os principios da seconda pratica.
Raquel Andueza, unha voz que se converteu en indispensable no panorama da música antiga internacional, propón coa complicidade da Galanía un concerto en torno á lírica amatoria do primeiro barroco español e italiano. Un programa que, tomando a paixón como urda, desenvólvese como un auténtico diálogo amoroso: música en estado puro.