Concierto en Pontevedra de Jars + Bloque

Jars + Bloque
Sala Liceo Mutante
Pontevedra (Pontevedra) 15/11/2019 A las 20:30
Precio: Desde Desde 5€
Rock, grunge

Jars veñen dende Moscú, viaxando nun delorean que os trae dos 90’s do grunge, o post-hardcore e o noise. Formados como power-trio, a súa música fala da Rusia moderna na que viven, “a caza de bruxas contra os anarquistas e activistas sociais, a violencia domestica e a policial e a mentalidade política propia da idade de pedra que mantén todo isto”.
Os seus riffs pesados mestúranse coa rabia das verbas que expresan a súa disconformidade coa realidade que viven, influenciados por grupos coma Swans, Unsane ou The Jesus Lizard, o seu propio carácter sae á luz no seu último traballo “ПОДЛОГ” (ou “Falsificación”), escoitao aquí:

Xunto con eles, dende máis preto, teremos os vigueses Bloque. En palabras deles:
“Bloque é outro berro dende o interior dunha maquinaria apodrecida, Bloque son os tamborileiros de guerra dunha lexión que desfila en liña recta cara un precipicio, ou cara o colapso final, ou algo así.
“el punk es el nuevo punk”
-Pedro Kropotkin.

¿Quieres compartir este contenido?
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
WordPress Video Lightbox