LOGO_REGALAMUSICA_GALICIA_NEGRO

Concierto en Vigo de Laura Lamontagne & Pico Amperio

Laura Lamontagne & Pico Amperio
Auditorio Mar de Vigo
Vigo (Pontevedra) 16/05/2021 A las 20:00
Precio: Desde Gratuito con reserva
Electrónica, fusion, tradicional
Compra tus Entradas

O Consello da Cultura Galega convoca un ano máis na véspera do 17 de maio, o Concerto das Letras Galegas que nesta ocasión nos leva ao Concello de Vigo da man de Xela Arias. Este é un concerto para Xela, amante da música, da poesía e de borrar barreiras. Velaquí música, literatura e imaxe. Creación contemporánea para calquera idade ofrecida por artistas novos e innovadores, porque Galicia ten a mellor mocidade que unha sociedade poida desexar e o Consello da Cultura Galega, coma Xela, confía no seu potencial creador e, por iso, encarga este espectáculo aos novísimos Laura LaMontagne & PicoAmperio. Unha creación orixinal para unha autora orixinal.

Laura LaMontagne comeza o seu proxecto con PicoAmperio (DJ e produtor) en xullo de 2019 entre Santiago de Compostela e Lugo. Viñan de experiencias moi dispares. Pedro (Teo, 1995) participou do colectivo Hip Hop Ateneu e dos grupos Pura Mestura e Furnier. Laura (Lugo, 1993) experimentou nos recitais de poesía de Compostela, en concertos en solitario e noutros proxectos previos dos que formou parte. Melodías suaves, bucles vocais, percusións marcadas e atmosferas rascadas son elementos esenciais da súa particular expresión artística. Na súa proposta mesturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip-hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro e Luz Fandiño. Unha listaxe á que agora se suma a poeta Xela Arias, a quen está dedicado este Día das Letras Galegas.

O espectáculo, concibido como un todo de palabra, son e luz, ten a Laura LaMontagne na dirección artística e a PicoAmperio na dirección técnica, e conta, ademais, con Raúl Silva na iluminación, Luis Casanova no son, María Cuntín no vestiario, Moisés Freire en maquillaxe e peiteado e Borja Bernárdez na videocreacion

 

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.