Concierto en Ourense de Luar na Lubre

Luar na Lubre
Teatro Principal de Ourense
Ourense (Ourense) 03/06/2018 A las 20:00
Precio: Desde Desde 20€
Folk
Compra tus Entradas

Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk do noso país, está a piques de publicar novo disco, que verá a luz o 30 de maio e está dedicado á Ribeira Sacra. A estrea en director terá lugar os días 2 e 3 de xuño no Teatro Principal de Ourense.
A banda liderada por Bieito Romero gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense), que ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio.
Este novo traballo inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías “que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra”, en palabras de Bieito Romero, que salientou que esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música”, un territorio “que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música”.
‘Ribeira Sacra’ conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso ou Juan A. Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos.
WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.