Despois da paralización da última xira do grupo «Heredeiros da Crus» , do que Javi Maneiro é o seu vocalista dende os inicios, e xa totalmente recuperado, «Maneiro» lanza un novo álbum cheo de enerxía, a mesma enerxía que motivou a súa recuperación. Un álbum que recolle a experiencia desde ese día ata hoxe.
“Maneiro” é unha poderosa banda de pop/rock coa que interpretará os novos temas
Os numerosos fans da súa longa traxectoria artística serán felices ao comprobar a súa total recuperación tanto física como artística, e gozarán da presentación do pop/rock polo que transitan os seus novos temas.
O primeiro sinxelo do novo álbum baixo o título de “Son un romántico” xa está nas redes