Concierto en Lugo de MJ Pérez

MJ Pérez
Casa do Saber
Lugo (Lugo) 16/07/2020 A las 20:00
Gratuito
Cantautor

«Na Bocanoite», nome da programación cultural resultante da fusión dos ciclos aprazados «Lubicán» e «Noites na Domus»,  responde a unha solución de emerxencia a través da que USC, Concello e Deputación de Lugo pretenden dar continuidade á programación do Lugo Cultural, xerar actividade e emprego os traballadores e traballadoras da industria cultural, ademais de ofrecer ao público interesado a oportunidade de gozar de espectáculos artísticos de balde, sempre coa máxima seguridade e respecto á normativa sanitaria vixente.

A cantautora arzuá MJ Pérez repite este verán no cartel da programación do Lugo Cultural e subirá o 16 e xullo ao escenario habilitado na azotea da Casa do Saber para ofrecer, a partir das 20.00 horas, ao público lugués as composicións incluídas no seu último traballo, ‘A Luz Prendida’, así como outras pezas senlleiras dun repertorio cada vez máis amplo e que xa suma varios discos. O cuarto álbum de MJ Pérez, o segundo de
estudio, é un disco de 15 temas no que a luz é protagonista, presente de forma constante ao longo de todo o traballo.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.