Monoulious DOP volve á Sala Capitol a celebrar o seu X aniversario e cun novo traballo baixo as orellas, o seu «Disco Disko» con 12 novos temas en clave Disco, funkipop e electrónica que poderás adquirir na mesma sala e que fan que o grupo conserve a súa identidade transgresora sen casarse con ningún xénero musical.
Se queres pasar unha velada increíble vai a velos á Capitol e leva roupa cómoda porque vas bailar e suar como xa o fixestes na anterior presentación, a do Black album.
A noite rematará cunha sesión Dj de Ula e Mon a modo afterparty na sala Sónar (Rua de Mazarelos 4-5 15703 Santiago de Compostela) xusto cando remate o concerto.