Presentación da I edición do Festival MoSka Rock que se celebrará o sábado 13 de maio na mesma sala.
Despois de varios anos con algúns cambios na formación, Demencia Sonora segue mantendo a sua esencia punckrock .Grupo do extrarradio vigués, con base en freixo, de onde naceu o grupo. Actualmente tocan os seus temas mesturados con versións do punk estatal mais coñecido.Directo enerxético e grande complicidade co público máis próximo.
Deseqilibro Mental actualmente veñen de estrear o seu novo traballo, o quinto da banda que leva por título «Irmáns» e que é unha homenaxe ao grupo mítico DRINKIN´TINTO, banda pioneira do Rock da Casalonga nos anos 90. Veñen dende a Casalonga (Teo) e levan bourando coa súa persoal mistura de Rock, Metal e Rap en Galego dende 2002.