Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada…, non deixa indiferente a ninguén.
Pauliña comezou na súa terra natal, Cambados. Encantáballe compoñer, escribir o que sentía e aínda así cos poucos acordes que sabía amarrou a guitarra ao lombo e lanzouse a percorrer locais da sua bisbarra para expresar ca música o que acontecía na súa vida, provocando ao público sentirse identificado con moitas das suas letras.
Con un directo potente e demoledor, onde mestura o country ca música folk, rock e blues, non deixan a ninguén indiferente, e as críticas recibidas destes dous primeiros traballos por parte do público e dos medios especializados así o demostran.
The Buyakers é unha banda de música rock que se formou na cidade de Puertollano (España) en 2008. Cunha mestura de rock, blues, swing, ska e reggae, imprimen á súa música un selo persoal que os diferenza do resto de grupos do panorama musical español.
Co segundo traballo discografico, continua a senda de rock e chiscadelas de humor aberta no seu debut. Financiado a través dun #exitós proxecto de crowdfunding, “El Bar De Los Muertos” tráenos de volta os ritmos pagadizos, as letras divertidas e as reminiscencias tarantinas que poboaban “Empieza la Función”, pero aderezados polo empaquetado dun disco que reflicte a notable evolución do grupo manchego.