Detrás de MounQup, está Camille Hèdouin, francesa de orixe e galega de adopción. Compón as súas cancións en francés, inglés e galego, e a súa música, de base a electrónica, recolle influencias que van dende os ritmos africanos, pasando polo jazz, ata a experimentación industrial nórdica. En 2017 gañou o IX Certame Musical Fran Pérez ‘Narf’ promovido pola Deputación da Coruña.
A actuación será na Igrexa de San Domingos de Bonaval con entrada polo Museo.