A Orquesta Gaos ofrecerá no seu primeiro concerto de 2021 un dobre programa no que se inclúen 2 importantes obras. Por unha banda o concerto para trompeta e orquestra de Haydn e por outra a sinfonía nº 4 de Mahler, en versión de Klaus Simon.
O concerto de Haydn foi o único concerto que o mestre compuxo para este instrumento, e á vez, o primeiro escrito para trompeta capaz de executar cromatismos. Foi en 1792 cando o trompetista Weidinger, incómodo co instrumento da época, inventa unha trompeta provista de chaves que lle permitían producir semitóns. Amigo de Haydn, pídelle a composición dun concerto co que probar o seu novo instrumento que estrea, tras anos de práctica con obras menores, o 22 de marzo de 1800.
A sinfonía no. 4 de Mahler é unha das súas obras máis líricas, escrita en linguaxe neoclásico. O significado de esta obra baséase no último movemento que expresa o benestar da vida celestial. O primeiro movemento recórdanos a vida terrenal, que a través da morte expresada no scherzo, condúcenos ata o ceo. O adagio preséntanos un estadio de transición, no que ri e chora á vez. A tristura da morte únese a ledicia de acadar un estado superior, chegando ao paraíso, todo expresado nunha forma de candidez propia dos nenos. Termina coa representación dos praceres celestiais como expresa a canción que forma o último movemento. Con esta obra remata o primeiro ciclo de sinfonías que tratan sobre a súa vida de heroe. Na primeira na busca da fe, a súa morte e resurrección na segunda, as marabilla da natureza converténdose en amor universal na terceira e finalmente cantando na cuarta, as ledicias da vida celestial. Toda unha viaxe en busca da felicidade, que non encontrara na terra, na vida futura.
PROGRAMA
Concerto para trompeta e orquestra en mi bemol maior, Hob VIIe/1 – J. Haydn Víctor Vilariño, trompeta
I. Allegro
II. Andante
III. Allegro
Sinfonía no. 4 – G. Mahler (versión K. Simon)
Xiana Insua, soprano
I. Bedächtig, nicht eilen (Prudente, sen acelera)
II. In gemächlicher Bewegung, ohne Hast (comodamente impulsivo, sen presa)
III. Ruhevoll, poco adagio (Tranquilo, poco lento) IV. Sehr behaglich (bastante cómodo).