Concierto en Santiago de Compostela de Os John Deeres + The Cassavetes

Os John Deeres + The Cassavetes
Sala Capitol
Santiago de Compostela (A Coruña) 06/12/2019 A las 21:30
Precio: Desde 8€ anticipada | 10€ taquilla(En A Reixa)
Rock

The Cassavetes nace en 2007 como proxecto persoal de Rubén Hernández (Illas Canarias, 1965), artista plástico vinculado como deseñador e fotógrafo a varias bandas desde finais dos 80 e que formou parte como músico, desde principios dos 90, de proxectos como Diplomáticos, Moral Femenina, José Mesa y Los Presentes, e Venus en Surf.
A banda compóñena Fran Frechín á batería (Los Passos, Blood Mary. Marquee Moon), Jesús Pastor Gil Medina ao baixo (Los Passos, Bloody Mary), Francis Díaz á guitarra (La Pista Búlgara, Diplomáticos) e o propio Rubén Hernández coa guitarra e a voz.
The Cassavetes contan con sete referencias publicadas en formato E. P.: Hometaping (2007), Landing on Earth (2009), I’ m your Mirror (2011), Heartbreak Mama (2013), Hit The Deck (2014), Blood, Love Soul (2015), Brilliant Life (2016) e o L. P. gravado en directo For The Chosen Few (2017).
En Compostela presentarán o seu último traballo, o E. P. … SEEDS.
Todo o material de The Cassavetes e doutros proxectos musicais de Rubén Hernández, pode escoitarse e descargarse de forma directa, libre e gratuíta desde a súa propia web, www.rubenhernandez.net, e do Bandcamp the-cassavetes.bandcamp.com, onde atoparás diversa información sobre cada traballo.

Os John Deeres aproveitan a visita dos canarios para dar por finalizada a xira do seu último disco, 20-20, e presentar a súa nova formación, con Patty Castro (excantante de Meigha, colaboradora na xira de despedida de Nao e promotora da plataforma Mulleres Galegas Kañeras, MGK). A banda estradense de hard rock en galego, con case 15 anos de existencia, conta con dous traballos discográficos ás súas costas, 8 (editado en 2013) e 20-20 (de 2017).

¿Quieres compartir este contenido?
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
WordPress Video Lightbox