A compañía
chegará a Burela o vindeiro Sábado 16 de Xaneiro para presentar ás 18:30 horas no Auditorio Municipal «𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗿𝘁𝗼 𝗦𝗶𝗻𝗴𝘂𝗹𝗮𝗿», un espectáculo familiar gañador do premio do público no
2017 no que catro prestixiosos músicos como Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal e Pablo Cabanelas se enfrontan a un gran conflito: 16 baquetas e unha única marimba. Eles estarán dispostos a facela soar da maneira máis orixinal e asombrosa. Organizarse si que non vai ser tan fácil. Píscore achegáranos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público. A entrada será de balde.