Banda tributo a Bruce Springsteen & The E Street Band formada no 2008, regresa aos escenarios despois do parón pandémico co seu formato eléctrico formado por Enrique Salvadores (voz e guitarra), Fernando Carrera (batería), Xabier Paz (saxo), Félix Freire (guitarra solista), Luis Miguel Izquierdo( teclados), Ana Salvadores (coros) e Miguel Amenedo (baixo).
Nos seus 15 anos de percorrido pasaron por grandes escenarios como o da sala Moby Dick en Madrid, ou o auditorio de Ferrol co seu formato «big band» homenaxeando as Seeger Sesions con músicos de renome de ferrolterra como Álvaro Lamas, Cabe García, Fausto Escrigas o Luis García Cortizas.
Un gran preámbulo ante a eminente chegada de Springsteen a Europa, no que os Debosses repasarán os clásicos do Boss e algún tema dos últimos discos