Dismal naceu hai xusto 30 anos. En 1992. Os irmáns Jose e Javi Barros, de Viascón (Cerdedo-Cotobade), e un grupo de amigos entre os que estaban Javi García, de Sabucedo (A Estrada), actualmente afincado en Vilarchán (Ponte Caldelas), e Iván Lorenzo, de Pontevedra, montaron unha banda de metal. Uns poucos anos despois, en 1999, lanzaban o seu primeiro disco, The New Bomb, un CD con seis temas e un libro de poesías de máis de 100 páxinas. Viñeron despois outros tres álbums (Make your mind up, El tristeza e Neptuno), as actuacións no festival Festimad e os concertos con grupos como Sepultura, Rammstein ou Napalm Death. No ano 2007, a banda deu o seu último concerto na Praza do Teucro de Pontevedra.
Neste verán voltaron os escenarios con actuaciones no Surfing The Lerez e no Kanekas festival.