Logo de catro discos lanzados, GUSTAVO ALMEIDA presenta “Vértice -Versión en galego-‘: o seu primeiro traballo discográfico na lingua do seu lugar de residencia, Galicia. Desde de que aterrou na Galicia como futbolista profesional para militar no Celta de Vigo, Gustavo empezou unha historia de amor con esta terra, a súa forma de vida, a súa xente e por suposto, coa súalingua. Por iso é polo que sempre tivo este desexo dun día, cando se sentise preparado, “atreverse” a interpretar as súas cancións na lingua irmá do seu portugués nativo.
Vértice é un disco-libro que conta, no apartado literario, con dúas historias que se entrelazan: O seu
paso do fútbol á música e o proceso de produción do mesmo. Ademais do prólogo da escritora Baia
Fernández, da tamén escritora Fina Casalderrey e como delicatessen, o cifrado de todas as cancións
do disco, para os amantes da guitarra. No musical, conta con seis duetos con artistas galegas como: Teo Cardalda (Cómplices), Nastasia Zürcher, Silvia Penide, Sheila Patricia, Manoele de Felisa e Brais Morán.
“Entre o ceo e o esquecemento” con Teo Cardalda e “Conexión” con Nastasia Zürcher, xa contan cun video-clip e foron os dous sinxelos de adianto deste traballo, que levará a Gustavo Almeida e a súa banda a xirar por toda a xeografía galega durante o ano de 2023.
Entrada libre ata completar cabida.