Con xa 16 anos ás costas, o Revenidas é un festival referencia. Celebrase cada ano en Vilaxoán de Arousa e trae consigo importantes artistas do ámbito internacional ademais dos grandes da nosa terra.
Todo comezou arredor dunha comida familiar: a Gran Sardiñada Popular. De balde para todos os públicos no porto de Vilaxoán, evolucionou ata convertirse na gran festa que se celebrará o 9, 10 e 11 de agosto de 2019.