Concierto en Ponteareas de Rock na Rúa

Rock na Rúa
The Last Internationale 
Paseo Matutino
Ponteareas (Ponteareas) 22/08/2020 A las 21:00
Gratuito
punk, Rock

A banda de NY ía ser un dos pratos fortes de oitava edición do Festival. Unha banda que nos ten namorados dende hai moito tempo e que poderemos gozar en versión acústica o Sábado 22 de Agosto no primeiro tramo do Paseo Matutino. Unha ocasión única para sentir de cerca a combinación explosiva da cálida e emocionante voz de Delila Paz, na que conflúen o profundo latido do Soul coa forza o desgarro e a actitude do Blues e do Rock and Roll, xunto coa guitarra de ese terremoto sobre o escenario que é Edgey Pires.
Para a súa versión máis salvaxe e incendiaria teremos que esperar a seguintes edicións do festival cando nos poidan visitar coa banda completa. Pero sería materialmente imposible manter o distanciamento social cando esta banda desata toda a súa enerxía rebelde en formato eléctrico, e engade ó cóctel esas pingueiras de actitude punk, que farían incompatible manternos en posición sentada. Terían que atarnos á cadeira.
Igual que no primeiro concerto do Rock na Rúa, a seguridade e as medidas de separación social serán fundamentais para poder gozar deste regalo, para o que contaremos coa axuda do Concello de Ponteareas a Agrupación Municipal Protección Civil Ponteareas, e sobre todo coa vosa paciencia e responsabilidade. Portémonos ben, e haberá Rock and Roll !!!

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.