Concierto en de Cantigas e Agarimos

Cantigas e Agarimos
Sala Riquela Club
() 11/03/2023 A las 13:00
Gratuito
Folklore

A comezos do século XX fórmase o coro Queixumes dos Pinos baixo a presidencia de Salvador Cabeza de León e a dirección dun novísimo Bernardo del Río. A necesidade de introducir voces femininas no repertorio chocaba coas ideas do Centro Católico no que ensaiaban. Lonxe de reprimir a súa evolución artística, o grupo buscou refuxio nos locais da Unión Protectora de Artesáns. O 29 de xullo do 1921 presentouse á cidadanía no Teatro Principal e na Alameda baixo o nome de Cantigas e Agarimos.

A partir de entón nacería en Compostela unha agrupación referente e peza indispensable da sociedade compostelá. O piar sobre o que se asentou e serviu de base firme para a súa proxección no tempo responde ao nome de Bernardo del Río, que xa demostrara anteriormente dotes para a dirección artística. O estudo e coñecemento do repertorio tradicional translócese na inspiración galeguista das súas obras, ás que aplicaba a súa formación académica. Entre as súas composicións destaca o pasodobre galego “Cantigas e Agarimos”, incluído frecuentemente no repertorio das bandas de música.

Esta agrupación folclórica, unha das máis antigas do folclore galego, sempre estivo adicada á recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega, traballando activamente na consolidación da identidade cultural de Galicia-



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.