Concierto en O Rosal de Sés

Sés
Son Muller
Auditorio de O Rosal + Streaming
O Rosal (O Rosal) 13/11/2020 A las 20:00
Gratuito
Cantautor, Folk

O Concello do Rosal «aposta por unha cultura na que se priorice a saúde das persoas». Por iso, debido á actual situación epidemiolóxica, o Concello optou por reinventar e adaptar á nova realidade o concerto que a artista Sés dará este venres 13 de novembro no Auditorio Municipal (20.00 h).

A artista dará un concerto en vivo para un aforo reducido e vía streaming en aberto para o resto do público.

Para evitar a mobilidade xeográfica, as entradas sortearanse entre as persoas empadroadas no Rosal que tiñan a súa entrada reservada para o concerto que se ía celebrar o pasado mes de outubro e que tivera que adiarse por motivos de saúde da cantareira.

Aquí tes os enlaces para o streaming 👇
🌐#Facebook do Concello: https://n9.cl/3d1gp
🎥Canle #youtube de #Sés:
https://www.youtube.com/watch?v=-G-GnNe6xZM&feature=youtu.be

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.