A gaiteira Susana Seivane celebrará os vindeiros meses de febreiro e marzo o vinte aniversario da saída do seu primeiro traballo discográfico.
‘Susana Seivane’ convertiase o 21 de febreiro do 1999, no primeiro paso da lonxeva carreira dunha das gaiteiras máis internacionais da nosa terra. Con esta xira Susana, quere festexar estes vinte anos cheos de música que a levaron a visitar máis de 20 paises e dar máis de 1.000 concertos por todo o mundo, sempre prestando especial atención a Galicia e as súas tradicións.
Será o propio 21 de febreiro cando terá lugar no Garufa Club na Coruña un concerto especial para festexa-lo aniversario. Será nun formato único e irrepetible e contará con repertorio inédito e participación do público que se achegue á celebración.