Marzo 2019 O Lubicán é un ciclo de concertos promovido por Lugo Cultural co obxetivo de potenciar a presentación de novos traballos da música galega. Neste ciclo, que acaba en maio, teremos a ocasión de disfrutar do concerto de Susana Seivane o xoves 28/03 ás 21:00 no Círculo das Artes de Lugo con entrada libre ata completar aforo.
Presentará o seu último disco,“FA” (Fiz e Antón), que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade.
O 14 de setembro de 2018 lanza o seu quinto álbum, “FA” (Fiz e Antón), que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade. Posiblemente, o disco máis intimista da gaiteira, é romántico, inspirador e tenro. Unha profunda introspección no campo da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude personal.