O 14 de setembro de 2018 lanza o seu quinto álbum, “ FA” (Fiz e Antón), que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade. Posiblemente, o disco máis intimista da gaiteira, é romántico, inspirador e tenro. Unha profunda introspección no campo da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude persoal.