Concierto en Lalín de Tanxugueiras

Tanxugueiras
Salón Teatro
Lalín (Lalín) 29/03/2019 A las 21:00
Precio: Desde 10€ anticipada + gx / 12 € billeteira
Folk

Tanxugueiras inicia o 29 de marzo a xira de despedida do seu primeiro disco en Lalín.

No salón Teatro da localidade pontevedresa, as pandereteiras de Tanxugueiras presentarán acompañadas pola súa banda o seu disco e celebrarán co seu público os recentes premios acadados.

O disco homónimo das Tanxugueiras permitiulles levar a súa música por todo o país cunha xira de máis de 50 concertos en 2018 e tamén internacionalmente por Cuba, La IndiaSuíza e a terceira participación no Festival Celtic Connections de Glasgow, o que as convirteu nunha das bandas revelación da música tradicional. Da man de Shooglenifty veñen de publicar o single “East West” (https://shooglenifty.lnk.to/eastwestWE), ao igual que colaboraron nunha experiencia única coa banda escocesa e Dayam & Katif (Dhun Dhora) da India e que se pode ver o resultado na canle de youtube de Galician Tunes (https://youtu.be/VqmF2fX5j9g) no mencionado festival. Froito desta simbiose xorde tamén a colaboración coa mítica banda folk escocesa no prestixioso Festival Internacional de Edimburgo o vindeiro 9 de agosto.

Veñen de recoller o premio estatal da música independente (premios MIN) ao mellor álbum en galego de 2018 na gala celebrada no Teatro Circo Price de Madrid na gran festa da música independente e quedando semifinalistas como grupo revelación e acadaron tamén o premio á mellor música galega de 2018 nos premios aRi[t]mar. Están nominadas como mellor disco e mellor adaptación dun tema tradicional por Ai, á Ribeira nos XVIII premios Opinión.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.