Tanxugueiras despídese por todo o alto de “Diluvio” cun concerto especial fin de xira que terá lugar o próximo sábado 16 de decembro no histórico Coliseum da Coruña. Tras máis de 110 concertos por toda a Península, esta última data da súa xira promete ser unha das noites máis especiais da carreira de Tanxugueiras. Para iso, contarán coa participación de grandes amigas como Rayden, Rozalén, Muerdo, Guadi Galego ou Valeria Castro. Será un show único o que se materializará para unha ocasión que promete ser histórica tanto para elas como para a música galega.