Unha das bandas que resucitaron e catapultaron de novo e cara ao futuro a escena garagera coa súa propia versión, cunha mestura dos anos 60, punk e psicodelia. O trío liderado por Jack Torera é facilmente recoñecible polos seus enérxicos concertos, ten construído unha gran e leal base de fans en todo o mundo desde 2008. A súa carismática cantante e guitarrista Jackie Brutsche (tamén coñecida como Jack Torera) é dunha forza total, andróxina e salvaxe. Coa súa particular voz, a súa alucinante guitarra fuzz e a súa presenza no escenario, ela soa engancha á multitude cunha sección rítmica espectacular e sorprendente con Chris Rosales na batería e Samuel Schmidiger ao baixo, The Jackets son o trío perfecto: cru, directo, auténtico, perigoso e divertido!