Concierto en Bueu de Tor

Tor
Sala Aturuxo
Bueu (Bueu) 09/07/2020 A las 21:00
Precio: Desde SIn Información
Folk

TOR nace oficialmente en 2017 despois de moitos anos de compartir música e experiencias.

O repertorio do grupo componse de popurrís ou sets de temas instrumentais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é a propia labor de recolleita dos seus membros, buscando temas orixinais propios de frauta de madeira e acordeón diatónico, así como de estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.

Ao mesmo tempo, completan as súas fontes o amplo arquivo propio que posúen de cancioneiros, recompilacións de partituras e discos de xisto, así como algunhas aportacións de outros arquivos particulares de tradición oral.

Xunto coa liña melódica guiada principalmente por instrumentos da tradición galega como a gaita, a frauta de madeira, ou o acordeón diatónico, e outros máis atípicos como a anglo concertina, a parte harmónica a completan o bouzouqui e o contrabaixo, conformando un son acústico, reelaborado dun xeito concordante cos traballos que se fan hoxendía no folk atlántico europeo.

Sets de muiñeiras, xotas, alboradas, pasacorredoiras e piruxaldas, sucédense con outros temas máis pausados como alalás, cantos de reis, valses ou mazurcas, tan propias do sur ourensán.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.