Concierto en Vilalba de Uxía

Uxía
Auditorio Carmen Estévez
Vilalba (Lugo) 27/02/2021 A las 19:00
Precio: Desde Desde 3€
Cantautor, tradicional
Compra tus Entradas

Uxía, considerada a grande dama da música galega, trae unha adaptación da poesía de Rosalía de Castro para os máis novos. Como unha das maiores divulgadoras da poesía galega, nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás (a forma de música tradicional galega máis antiga e característica) con morna, fado e ritmos brasileiros. 

O seu último disco, UXIA-O, adicado ao poeta lucense Uxío Novoneyra, foi o gañador a Mellor álbum en galego nos Premios MIN 2018 da Música Independiente de España e tamén de tres Premios Opinión de Música de raíz 2018 a Mellor disco, Mellor tema orixinal («Fiandeira») e Mellor artista.

Presentaron o disco en lugares como Valencia (Festival Etnomusic 2019), Colorado, EE. UU. (Wright Opera House), Viena (Sargfabrik), Daegu, Corea do Sur (Suseong World Music Festival), Seúl, Corea do Sur (Sejong Festival), Tokio (Instituto Cervantes), Niteroi (Rio de Janeiro), Lorient (Festival Interceltique de Lorient), Burdeos (Le Rocher de Palmer) ou Manresa (Fira Mediterrània), e en Galicia en Coruña (Teatro Colón), Lugo (Vello cárcere) ou as festas de Mugardos, Ponteareas ou Ribadumia.



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.