Arrhythmia, banda que mestura metal, electronica, rap ou rock con letras en galego presenta videoclip de «Espertei», primeiro sinxelo do seu disco. A banda gañou o Band Conteset do Resurrection Fest 2019 e no 2918 gañaron os Premios Martin Códax da Música.
Con 2 EP´s e varios sinxelos as costas, en 2022 sairá o seu último traballo «I» no que se acada un son vangardista e maduro que supón unha renovación tanto estética como musical. A gravación de “I” foi posible grazas a un Crowfunding con centos de seguidores que colaboraron.
Os ARRHYTHMIA presentan por primeira vez en Vigo o seu novo traballo, «I». Única data en sala esta primavera na Galiza, na que contarán con «ANN TRASH» como convidada especial e colaboracións especiais como a de NERVO da REBELIOM DO INFRAMUNDO.