Madalena Gamalho . Unha das grandes voces emerxentes do panorama musical galego. Cantora e compositora con ampla formación en técnica vocal e unha especial conexión co mundo lusófono, recentemente finalista do Concurso Fran Pérez, NARF pola súa «calidade musical» e polo “coidado» da súa proposta.
Presenta en directo o seu disco estrela, Invento, un álbum de estudo resultado da súa evolución vital e vocal dos últimos anos, e da sinerxia e amizade con Iván Barreiro. Unha reconciliación co amor e as emocións humanas, transmitidas a través dun universo sonoro de eclecticismo e atrevemento.
O público será quen vote nesta fase a sua banda favorita, para poder participar no festival Super Bock Super Rock de Lisboa.