WIZ é un nome que non xorde de casualidade, mais que remete para un posible, e ata fenomenal, acontecemento máxico que é a relación entre os tres nomes que o compoñen — Wilfred Wilde, guitarrista, Iago Fernández, baterista, e Zé Pedro Coelho, saxofonista, que son, respectivamente, W, I e Z.
Colaboradores de longa data, os WIZ son un trío cuxa existencia parece unha constante entre os seus tres elementos, que desfilan nunha lista de colaboracións comúns, frecuentes e en diferentes contextos. Idean este proxecto co obxectivo de atopar en liberdade novos espazos sonoros nos que desenvolver as súas persoais visións da música.