CANCIÓNS EN GALEGO PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Día Das Letras Galegas viuse na obriga este ano de aprazarse ao 31 de outubro. Máis en Regalamúsica non queremos deixar de festexar este día nun momento tan clave para a cultura como o que estamos a vivir. Por iso, reunimos neste top cancións en idioma galego, de todos os estilos e xéneros, novas propostas d@s nos@s artistas, tod@s el@s unid@s conmemorando este día idóneo para visibilizar as cancións que toman o idioma galego como referente.
Prepárate para unha sesión de música made in Galicia, porque aquí te deixamos a nosa particular lista.
Reproduccións en Youtube: 54.401
Pertencente ao último disco de Guadi, «Inmersión», que reinterpreta as propias cancións da artista en nada menos que sete idiomas diferentes. O tema conta coa colaboración especial dun dos artistas referentes na escena galega, Iván Ferreiro, quen canta por primeira vez en galego este «Cedeira», un canto á terra natal de Guadi.
Reproduccións en Youtube: 11.836
A canción de berce que pecha o último disco de Xoel López, «Soños e Pan», está adicada ao seu fillo. O artista compúxoa improvisando mentres lle rumoreaba ao durmir. Un tenro e delicado tema, idóneo para relaxarse.
Reproduccións en Youtube: 41.919
O tema é unha versión da canción popular das Bahamas «The John B Sails», que a banda publicou precisamente para conmemorar o Día Dás Letras Galegas no ano 2016. A letra, completamente adaptada, é un canto a Galicia: «Á miña terra galega eu quero voltar…»
Reproduccións en Youtube: 59.866
A vangarda da escena galega dos últimos anos ten a un dos seus referentes en Baiúca. O artista colabora con Carlangas, vocalista de Novedades Carminha, en «Fisterra», unha tema clásico da música tradicional galega reinterpretado agora cun cóctel de ritmos electrónicos, dub e reggae.
Reproduccións en Youtube: 3.431
Presente no seu último álbum, «Beat», a artista suízo-galega regálanos este optimista tema ao piano e percusións con sonoridades afro, co que foi premiada no Festival Liet International de Holanda en 2018.
Reproduccións en Youtube: 14.670
O primeiro single do novo disco de Xabier Díaz e As Adufeiras Do Salitre é un tema de tradición e raíces, aderezado con sons étnicos. Orixinario da música popular, «Illas de Sal» foi recollido polo etnomusicólogo estadounidense Alan Lomax, e agora reiventado polo artista.
Reproduccións en Youtube: 4.346
O tema forma parte do último álbum da banda, “Segundo Fogar”, e fala dunha viaxe ao pasado. Unha canción con son pop-folk atemporal, gravada no Estudo A Ponte de Santiago de Compostela.
Reproduccións en Youtube: 2.411
É o primeiro adianto do seu próximo disco de estudo. “Lesmas Secas” regresa ao momento de partida do proxecto musical de Alonso Caxade. Gravado nos Estudos A Ponte con Tomas Ageitos, Caxade xa ten adiantado que nos seus próximos directos estreará nova banda. (O tema aínda non está dispoñible en Spotify).
Reproduccións en Youtube: 12.589
Primeiro adianto do que será o sucesor de “Movemento Irracional”, último álbum de estudo de The Skarnivals, publicado en 2016. O tema é unha profunda crítica á ausencia de liberdade de expresión e á recorrente censura do sistema.
Reproduccións en Youtube: 26.362
Un amargo relato sobre a traizón, a hipocrisía e a deslealdade na amizade, cunha melodía recollida da obra “Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza”. O tema foi o primeiro single de «Contrapunto», o último disco de estudo de Tanxugueiras.
Reproduccións en Youtube: 4.443
Unha das bandas máis internacionais da nosa escena preséntanos este primeiro adianto de «Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos», o seu próximo álbum. O tema, un canto de benvida aos peregrinos e peregrinas dos diferentes camiños do roteiro Xacobeo, conta coa colaboración especial de Miguel Ríos.
Reproduccións en Youtube: 797
É a canción promocional oficial do Camiño Inglés, unha homenaxe aos peregrinos e peregrinas que percorren o roteiro. Como dato curioso: o videoclip está protagonizado por Julia Baird, irmá de John Lennon. O carismático integrante de The Beatles tiña planeado facer o roteiro xunto a Salvador Dalí.
Reproducciones en Youtube: 222
Unha vibrante fusión de loops e electrónica conforman este tema, segundo corte de «Castro Verdi», o último disco de estudo da considerada por moitos e moitas a «Björk galega».
Reproduccións en Youtube: 3.916
Unha das artistas máis comprometidas e combativas da escena galega recolle o título do tema que dá título ao seu novo disco dun poema da escritora e activista Luz Fandiño. Unha crítica ao sistema, cun retrosuso que reza: «Son a poeta dous que loitan por saír de escravos».
Reproduccións en Youtube: 134
Emilio Cao compuxo o tema en 1977 para o seu disco «Fonte do Araño», e que agora versiona a banda de Eladio Santos xunto ao propio Cao no seu último disco de estudo, «Academia», recentemente publicado.
Ata aquí o noso top 15 temas para conmemorar o Día Dás Letras Galegas. E por se quedaches con ganas de máis, non deixes de escoitar a nosa playlist de música en galego, para sumerxirte na música creada no noso idioma: