Adhara & Ritman volven á Sala Filomatic no marco do circuíto de concertos de Clube Estrella Galicia. A banda afincada na Coruña e con raíces na Costa da Morte bebe do rock, o blues, o folk, o reggae e demais influencias coas que crear unha experiencia catártica nos seus directos, comandados pola voz, actitude e compromiso da súa vocalista Adhara.
Desta vez, chegan acompañados dos muradáns Deleiba. Despois de asaltar grandes citas coma o festival Tsunami Xixón no verán, regresan á Filomatic co seu punk rock elaborado no que destacan o frenetismo, a emotividade e a teatralidadede.