OS XOVES DA CAPELA: GRANDE AMORE
“Non sei cantar e dáme igual. Non sei cantar, non sei bailar, non sei falar e dáme igual”, berrea Grande Amore, entre unha infecciosa melodía de techno fuzz descerebrado, nunha das contundentes declaracións de intencións que lanza na súa álbum de debut. Estamos ante un proxecto francamente sorprendente, cargado de personalidade, que desde a primeira escoita obrigáte a amalo ou odialo. Grande Amore soa macarra e enternecedor, rabiosamente humoristico e, ao mesmo tempo, vulnerable e raiado na súa desesperación existencial. |