LOGO_REGALAMUSICA_GALICIA_NEGRO

Concierto en Oia de Óscar Ibáñez

Óscar Ibáñez
Igrexa de Oia
Oia (Oia) 31/07/2021 A las 21:00
Gratuito
Folk, tradicional

A música do gaiteiro Óscar Ibáñez soará en directo o próximo sábado a partir das 21.00 horas na Eira do Convento, nun concerto organizado polo Concello de Oia. A entrada é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que o acceso se realizará con inscrición previa.

 

O espectáculo musical desenvolverase con control de acceso e aforo, co público sentado e seguindo todos os protocolos da COVID-19. Así, as persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa praza enviando os seus datos ao correo electrónico cultura@concellodeoia.es O prazo de inscrición rematará o venres día 30 ás 13.00 horas. Para máis información pódese contactar co Concello no teléfono 986 36 21 25.

 

Óscar Ibáñez é un gaiteiro e frautista que realiza unha fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camiño entre investigación e creación, e que ten como resultado un novo e único son. A súa banda de directo, Óscar Ibáñez & Tribo, está formada por músicos de longa e recoñecida traxectoria como Fernando Fraga (acordeón), Harry.C (violín), Carlos Calviño (guitarra), Paco Dicenta (baixo), Andrés Vilán (percusión/batería) e Carla Villanueva (xilófono), entre outros.

As prazas son limitadas, con INSCRICIÓN PREVIA no correo electrónico cultura@concellodeoia.es ou no teléfono 986362125
WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.