Concierto en Santiago de Compostela de Xisco Feijoó

Xisco Feijoó
Sala Capitol
Santiago de Compostela (A Coruña) 20/02/2022 A las 19:30
Precio: Desde 18€
fusion, tradicional
Compra tus Entradas

Xisco Feijoó, (Francisco Javier Feijoó Álvarez), presenta”PEIXE”, trátase dunha proposta fresca, dunha realidade que aglutina toda unha carreira dentro da música tradicional vista dende unha perspectiva actual.

É como vexo o que fun e o que son», incluso como observo o que sentín, do xeito no que o sentín, as pegadas que quedaron e o que hoxe sinto cando percorro as sinais que todo iso ten deixado no meu ser». Xisco Feijoó.

Desta vez Xisco será o protagonista deste proxecto, un disco con moita forza e ímpetu, un traballo en compañía do produtor e magnífico mestre Carlos Quintá que aderezou con armonías e fermosos arranxos o servizo de noso sabor tradicional e sempre dende unha visión contemporánea e moderna.

PEIXE érguese como un paso mais na extensa carreira musical de Xisco Feijoó, que comezou, como di o propio Xisco, cando seu pai Pepín «O Feijoó» lle puxo a gaita de Canoto ó lombo, na aldea de Sistindomato, nas terras de Sober e nd casa de Helena, a súa salvadora.

PEIXE está preñado da esencia mais fonda da música tradicional, vista dende unha mirada contemporánea e interpretada dende a modernidade e dende a visión do século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde respétanse e valóranse con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais.

PEIXE fala de todo aquilo que queremos ser e non somos… E de aquelo que somos e non desexamos.

PEIXE fala da súa aceptación con horizontalidade deixando ben atrás a resignación.

PEIXE é entender que entre nos ata onde alcanza a mirada non hai peixeira que nos encerre.

PEIXE somos cada un de nos, únicos e irrepetibles.

PEIXE é o sono dun e de todos. Eso é PEIXE.



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.